Martes, 4 de septiembre del 2012
Outra vez setembro, e chegan outra vez as reunións de O PARTO É NOSO en Galicia.
Coma sempre, falaremos de embarazo, de parto, de puerperio e da lactación. Dos dereitos e responsabilidades das mulleres, das opcións dispoñibles para parir, da situación actual do parto no noso país, dos dereitos dos recén nacidos, das recomendacións da OMS. Compartiremos dúbidas e experiencias.
E coma sempre, esperámovos!
Estas son as datas e lugares para o último trimestre deste ano.
A CORUÑA
8 de setembro
13 de outubro
10 de novembro
15 de decembro
Sempre de 11,00 a 13,00 hs. no Centro Cívico do Castrillón (Pza. Pablo Iglesias s/n, A Coruña)
SANTIAGO DE COMPOSTELA
3º sábado de cada mes. Comezamos o día 15 de setembro!!
Sempre de 10,30 a 13,00 hs. no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo. (Plaza Aurelio Aguirre, 1. Conxo, Santiago)
LUGO
29 de setembro
27 de outubro
24 de novembro
15 decembro
Sempre de 11,00 a 13,00 hs. no Centro Sociocomunitario da Xunta de Galicia (Praza da Milagrosa 1, Lugo)
VIGO
22 de septiembre
20 de octubre
17 de noviembre
15 de diciembre
Sempre de 10:30 a 13:30hs. na Asociación de Veciños "Monte da Mina" de Castrelos. Rúa Galindra 16.
Para todos aqueles que non sepan cómo chegar, esperámonos ás 10:25 no aparcamento que hai diante do Pazo Quiñones de León.
Viernes, 1 de junio del 2012
O curso acaba, e tamén acaban as reunións de O PARTO É NOSO.
As últimas reunións ata setembro terán lugar neste mes, os seguintes días:
A Coruña: 9 de xuño. De 11,00 a 13,00 hs. no Centro Cívico do Castrillón. Pza. de Pablo Iglesias s/n.
Lugo: 23 de xuño. De 11,00 a 13,00 hs. no Centro Social Maruja Mallo. Rúa Carril das Hortas s/n.
Santiago de Compostela: 23 de xuño. De 10,30 a 13,00 hs. no Centro sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo. Pr. Aurelio Aguirre, 1.
Vigo: 9 de xuño. De de 10.30 a 13.00 no Centro Cívico de Saians. Bajada a la Playa, 83. Saians.
Falaremos do parto, do embarazo, do puerperio e a lactación, da situación actual de atención ó parto no noso país e na nosa comunidade, das recomendacións da OMS para o parto, dos nosos dereitos e responsabilidades coma usuarios do sistema sanitario, dos dereitos do recentemente nado....Ademáis compartiremos dúbidas e experiencias
Asistencia libre e gratuita, aberta a toda persoa interesada.
Bo verán para todo o mundo!!
Viernes, 25 de mayo del 2012
Este sábado 26, despois de moitos anos, teremos novamente reunións abertas de O PARTO É NOSO en Santiago.
Como sempre, falaremos de embarazo, de parto, de puerperio e da lactación. Dos dereitos e responsabilidades das mulleres, das opcións dispoñibles para parir, da situación actual do parto no noso país, dos dereitos dos recén nacidos, das recomendacións da OMS. Compartiremos dúbidas e experiencias.
Vémonos no Centro sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo. Pr. Aurelio Aguirre, 1. 15702 , SANTIAGO DE COMPOSTELA , A CORUÑA
Todo o mundo está invitado!!
Lunes, 5 de septiembre del 2011
Novamente El parto es nuestro-O parto é noso detecta, a partir das testemuñas das usuarias do sistema sanitario, que nos hospitais galegos seguen a incumprirse as directrices da OMS, a Estratexia do Ministerio de Sanidade e a propia Guía técnica do SERGAS sobre atención ao parto. Na maioría dos hospitais, o tener ou non un parto respectado depende do factor sorte.
Os únicos hospitais galegos que actualmente contan cun protocolo de actuación que cumpra coas devanditas recomendacións son o do Salnés, que ademais pertence á rede IHAN, e o de Cee. Porén, o primeiro, en determinadas épocas nas que se atopa sobrecargado, e o segundo, con carácter xeral, non aceptan mulleres de fóra da súa área de influencia.
Para denunciar esta preocupante realidade, El parto es nuestro-O parto é noso elaborou a seguinte nota de prensa:
Dende a asociación El Parto Es Nuestro-O Parto é Noso, integrada por mulleres e profesionais que defenden os dereitos das nais e dos recén nados a recibir unha atención ao nacemento óptima e axeitada ás recomendacións recollidas na Estratexia de atención ao parto normal do Ministerio de Sanidade e mais na Guía técnica do proceso de atención ao parto normal e ao puerperio do SERGAS, ambas do ano 2008, queremos denunciar o reiterado incumprimento destes textos e o neglixente retraso na implementación dos cambios precisos en todos os hospitais de Galicia.
Como asociación de usuarias constatamos que os nacementos seguen a atenderse con procedementos e protocolos intervencionistas e non axustados á evidencia científica actual, vulnerándose, entre outras normas:
- os artigos 15 (dereito á integridade física e moral), 17 (dereito á liberdade) e 18 (dereito á intimidade persoal e familiar) da Constitución española
- a Convención de dereitos do neno de 1989
- a Carta europea de dereitos do neno hospitalizado de 1986
- a Lei 41/2002, básica reguladora da autonomía do paciente
Resulta escandaloso que só exista unha atención respectuosa aos nacementos nun único hospital de toda Galicia, o comarcal do Salnés, o que leva a moitas mulleres da Comunidade autónoma a pedir a derivación ao mesmo, coa conseguinte sobrecarga de traballo, que empeora a calidade asistencial e a merma dos dereitos das e dos traballadores sanitarios do devandito centro.
Polo tanto, esiximos que se empece a traballar axeitadamente en todos os hospitais galegos, comezando polos grandes hospitais universitarios, que atenden unha grande poboación, mais teñen a resposabilidade de formar aos novos profesionais. Cremos que esta formación debería basearse en evidencia científica actualizada, coa finalidade de erradicar prácticas e protocolos obsoletos e demostradamente nocivos para a saúde materno-infantil.
Solicitamos que as nosas autoridades políticas sanitarias insten aos profesionais e aos responsábeis de cada hospital a cumprir as súas obrigas de boas prácticas nas actividades asistenciais, tendo en conta ademais que tanto a mellora da calidade da atención ao parto coma a formación continuada na materia están previstas no Plan de prioridades sanitarias 2011-2014 do SERGAS.
Cómpre, por último, lembrar que o parto fisiolóxico e o método nai canguro, xunto con ser o máis beneficioso e seguro para a nai e o bebé, son moito menos costosos economicamente. En tempos de recorte do gasto público, este é un motivo máis para implantalos nos nosos hospitais.
É un dereito fundamental das familias galegas o de ser atendidas no nacemento das súas fillas e dos seus fillos da mellor maneira posible. E é un deber dos profesionais sanitarios o de formarse na súa especialidade e actuar conforme ás recomendacións actuais, baseadas na evidencia científica e no respecto ás persoas.
Nota de prensa en pdf
Martes, 16 de agosto del 2011
Falemos de parto
Falaremos do parto, do embarazo, do puerperio e a lactación, da situación actual de atención ó parto no noso país e na nosa comunidade, das recomendacións da OMS para o parto, dos nosos dereitos e responsabilidades coma usuarios do sistema sanitario, dos dereitos do recentemente nado....Ademáis compartiremos dúbidas e experiencias
Asistencia libre e gratuita, aberta a toda persoa interesada
A CORUÑA
Centro Cívico do Castrillón
Plaza de Pablo Iglesias s/n
A Coruña
Segundo Sábado de cada mes de 11.00 a 13.00
10 de setembro
8 de outubro
12 de novembro
10 de decembro
LUGO
Centro Social Maruja Mallo
Rúa Carril das Hortas s/n
Lugo
Derradeiro Sábado de cada mes de 11.00 a 13.30
27 de agosto
24 de setembro
29 de outubro
26 de novembro
17 de decembro
VIGO
Centro Cívico de Saians
Bajada a la Playa, 83
Saians
Primeiro Sábado de cada mes de 10.30 a 13.30
3 de setembro
1 de outubro
5 de novembro
3 de decembro
Jueves, 2 de junio del 2011

Con motivo do Día Mundial dos Dereitos do Nacemento, o 7 de xuño de 2011, convidámosche a unha sesión cinema fórum para ver o pase do documental "Restaurar a paradigma orixinal" do Dr. Nils Bergman que ofreceremos en máis de 40 lugares de España e Portugal, e varios máis en Latinoamérica.
A campaña "Ponte na súa pel", é unha colaboración entre A Plataforma pro Dereitos do Nacemento e a Asociación O Parto é Noso e pretende facer chegar a súa mensaxe ao maior número posible de particulares e profesionais implicados no embarazo, o parto e o puerperio para lograr unha maior concienciación da sociedade en xeral e dos procesos médicos cara á humanización do momento do nacemento.
Mediante un folleto explicativo e a proxección dun documental, esta campaña defende a necesidade de facer que, nos nacementos, o proceso natural do parto sexa respectado, limitando o intervencionismo e o uso de medicamentos aos casos nos que estes sexan necesarios. Ademais, subliña a importancia de manter o vínculo entre a nai e o neno mediante a non separación no momento de nacer.
O documental proxectarase o 7 de Xuño en diversos centros culturais de España, Portugal e Latinoamérica, para a continuación abrir un debate entre os asistentes.
En Galiza celebrarase este acto nos seguintes lugares:
LUGO: 7 xuño ás 18h no Centro social Maruja Mallo
A CORUÑA: 7 xuño ás 18h na sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia
OURENSE, : 7 xuño ás 18.30h no Auditorio municipal
VIGO: 7 xuño ás 18h na Fundación Eomaia
Aquí podedes baixar o programa completo da xornada , onde podedes atopar tamén os datos de tódalas proxeccións
VIDEO
O sábado 21 de maio pola mañá algunhas socias de O parto é noso puxemos unha mesa informativa na Praza Maior de Lugo, con ocasión da Semana mundial do parto respectado, cuxo lema este ano rezou "Parir onde, como e con quen queiras".
Na foto podedes ver a Yolanda (co Martiño), Patricia López e Susana (coa Eva). Trala cámara está Mary, de Vigo, que viaxou até Lugo coa súa familia para botar unha man nesta actividade.
A prensa fíxose eco aquí
Lunes, 31 de enero del 2011
A CORUÑA
Centro Cívico do Castrillón
Plaza de Pablo Iglesias s/n
A Coruña
Segundo Sábado de cada mes de 11.00 a 13.00
8 de xaneiro
12 de febreiro
12 de marzo
9 de abril
14 de maio
11 de xuño
LUGO
Centro Social Maruja Mallo
Rúa Carril das Hortas s/n
Lugo
Derradeiro Sábado de cada mes de 11.00 a 13.30
29 de xaneiro
26 de febreiro
26 de marzo
30 de abril
28 de maio
25 de xuño
VIGO
Centro Cívico de Saians
Bajada a la Playa, 83
Saians
Primeiro Sábado de cada mes de 10.30 a 13.30
8 de xaneiro (segundo sábado)
5 de febreiro
12 de marzo (segundo sábado)
2 de abril
7 de maio
4 de xuño
Falemos de parto
Falaremos do parto, do embarazo, do puerperio e a lactación, da situación actual de atención ó parto no noso país e na nosa comunidade, das recomendacións da OMS para o parto, dos nosos dereitos e responsabilidades coma usuarios do sistema sanitario, dos dereitos do recentemente nado....Ademáis compartiremos dúbidas e experiencias
Asistencia libre e gratuita, aberta a toda persoa interesada
Martes, 28 de diciembre del 2010
Domingo, 17 de octubre del 2010
A nosa presidenta, Marta Parra, estará nas Xornadas da Universidade o xoves 21 de outubro para falar de "O que contan as mulleres".
Domingo, 5 de septiembre del 2010
O día 8 de setembro comenza na Aula SocioCultural da Fundación Caixa Galicia de A Coruña, un ciclo gratuito de conferencias organizado por "Ser Doulas". O Parto É Noso participará nalgunha delas conxuntamente con outras asociacións, profesionais e nais.
Invitámovos a todos a asistir.
Informámovos que debido á folga xeral programada para o día da nosa conferencia, ésta pásase ó 15 de decembro, ás 17 hs. Grazas e perdoade as molestias.
Jueves, 26 de agosto del 2010
ESTE SEMESTRE COMEZAMOS A REALIZAR REUNIÓNS ABERTAS EN VIGO. A PRIMEIRA SERÁ O VINDEIRO DIA 4. ESPERAMOSVOS !!
Falemos de parto
Falaremos do parto, do embarazo, do puerperio e a lactación, da situación actual de atención ó parto no noso país e na nosa comunidade, das recomendacións da OMS para o parto, dos nosos dereitos e responsabilidades coma usuarios do sistema sanitario, dos dereitos do recentemente nado....Ademáis compartiremos dúbidas e experiencias
Asistencia libre e gratuita, aberta a toda persoa interesada
A CORUÑA
Centro Cívico do Castrillón
Plaza de Pablo Iglesias s/n
A Coruña
Segundo Sábado de cada mes de 11.00 a 13.00
11 de setembro
9 de outubro
13 de novembro
11 de decembro
LUGO
Centro Social Maruja Mallo
Rúa Carril das Hortas s/n
Lugo
Derradeiro Sábado de cada mes de 11.00 a 13.30
25 de setembro
30 de outubro
27 de novembro
18 de decembro
VIGO
Centro Cívico de Saians
Bajada a la Playa, 83
Saians
Primeiro Sábado de cada mes de 11.00 a 13.30
4 de setembro
2 de outubro
6 de novembro
4 de decembro
Viernes, 6 de agosto del 2010
Éstes últimos días, aínda que cesaron as xuntanzas presenciais de nais de O Parto é Noso por mor do verán, tivemos o gusto de ler un par de artigos moi interesantes na prensa.
O primeiro : Regreso al parto doméstico
fai alusión ó tema do parto no fogar, que por desgracia resulta extremadamente complicado hoxe por hoxe na nosa comunidade, pola ausencia de profesionaís cualificados que se adiquen plenamente a elo.
Aínda que é unha opción segura e desexada por cada vez mais mulleres que sen embargo non poden acceder a ela.
Queremos sinalar que o precio estimado de 600-800€ , é en realidade moi inferior (aproximadamente a metade) do valor real da atención de este tipo de nacementos , xa que se trata de pagar unha dispoñibilidade total dunha matrona -ou varias- durante o tempo estimado en que podería nacer o bebé que veñen sendo 5 semanas : entre a 37 e a 42 de xestación mais as visitas pre e posparto que sexan oportunas. E o traballo e responsabilidade que supón a atención o parto en si mesmo.
Un precio xusto, pensamos, por un servizo que coidamos debería estar recoñecido e incluído na nosa sanidade pública porque é un dereito das usuarias poder elixir o tipo de atención e o profesional que estimemos mais oportuno. Neste caso sería unha matrona: a verdadeira profesional da maternidade, e o tipo de atención sinxelamente: a domicilio.
A segunda nova : Las rutinas del paritorio
fala mais da atención ó parto convencional nos hospitáis, e expón breve pero claramente en que consisten as malas prácticas, que aínda se siguen cometendo en case todos os centros sanitarios do noso país.
Faise complicado de comprender e imposible de aceptar, que sigamos con estas, e que teñamos que loitar por cambiar algo tan absurdo e contraproducente, que de feito nunca tiña que ter empezado a suceder, como é a atención medicalizada-interventiva dos nacementos.
Tamén deixamosvos un video da nosa compañeira Natalia Vázquez falando da importancia da lactación nunha reportaxe da cadea Cuatro. No video saen ela e maila súa filla Marina, de 4 anos, que disfruta da lactación en tandem xunto co seu irmán pequeno Miguel, que veu o mundo nun precioso parto respectado fai un par de meses. Unha forte aperta para eles
http://www.cuatro.com/1/7-hckny36gngbqe/
Bon verán a tod@s e ata setembro!
Jueves, 22 de julio del 2010
Durante julio y agosto O PARTO É NOSO está de vacaciones...
En Septiembre reanudaremos nuestras reuniones en Coruña y Lugo y empezaremos las de Vigo!!!
En breve tendremos fechas y os las haremos saber... las colgamos aquí, como siempre.
Muchas gracias a tod@s y hasta pronto!!!
Viernes, 23 de abril del 2010
CHARLA-TALLER SOBRE PLAN DE PARTO - A CORUÑA
Día: 8 de Mayo de 2010
Hora: 11,00 a 13,00 hs.
Lugar: Centro Cívico do Castrillón
Plaza de Pablo Iglesias s/n
A CORUÑA
Asistencia libre y gratuita. Los niños son bienvenidos.
Más información:
www.elpartoesnuestro.es
opartoenoso@elpartoesnuestro.es
El Parto es Nuestro es una asociación sin ánimo de lucro, formada por usuarios y profesionales, que pretende mejorar las condiciones de atención a madres y bebés durante el embarazo, parto y posparto en España y promocionar la lactancia materna.
Para descargar el cartel aqui. Agradecemos difusión.
|