El Parto es Nuestro ten o agrado de comunicar a publicación do libro “Cesárea, más allá de la herida”, un traballo da artista Ana Álvarez-Errecalde impreso pola editorial Obstare en colaboración coa nosa asociación.
“Cesárea, más allá de la herida”, xurdiu como un proxecto de El Parto es Nuestro para facer visible a pegada que deixa a cesárea en miles de nais. A través das imaxes belísimamente logradas e o conxunto de testemuños recolleitos para porlles voz, Álvarez -Errecalde convídanos a acompañar o percorrido interior destas mulleres anónimas.
A cicatriz do corpo queda; podería desaparecer cos anos. A cicatriz da alma tarda en sanar e doe. Ana soubo plasmar esa ferida emocional con todos os seus matices, facéndonos partícipes do camiño de cada unha delas: dende a rabia até a aceptación.
O seu traballo exquisito emocionounos profundamente e materializouse no libro que agora publica OBSTARE e á vez, na exposición fotográfica itinerante que estamos a preparar para a súa difusión e da que pode verse un adianto no blog de El Parto es Nuestro: www.blogelpartoesnuestro.com
Confiamos, sabemos, que este traballo servirá para dar voz a moitísimas nais e será un paso máis para a anhelada erradicación das cesáreas innecesarias, que consideramos un claro exemplo de violencia obstétrica.
Animámosvos a coñecer o libro, dispoñible xa en tendas e na páxina web de OBSTARE e a difundir a exposición, así como a comentar o traballo coa artista e coas mulleres de El Parto es Nuestro a través dos blogs da Asociación.
El Parto es Nuestro é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por usuarios, usuarias e profesionais que pretende mellorar as condicións de atención a nais, fillos e fillas durante o embarazo, parto e posparto en España.
Tamén se pode consultar:
Web: El Parto es nuestro www.elpartoesnuestro.es
Web: Ana Álvarez-Errecalde http://www.hangar.org/gallery/album484
Web: Obstare www.obstare.com