Este sábado 26, despois de moitos anos, teremos novamente reunións abertas de O PARTO É NOSO en Santiago.
Como sempre, falaremos de embarazo, de parto, de puerperio e da lactación. Dos dereitos e responsabilidades das mulleres, das opcións dispoñibles para parir, da situación actual do parto no noso país, dos dereitos dos recén nacidos, das recomendacións da OMS. Compartiremos dúbidas e experiencias.
Vémonos no Centro sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo. Pr. Aurelio Aguirre, 1. 15702 , SANTIAGO DE COMPOSTELA , A CORUÑA
Todo o mundo está invitado!!