Aínda que se trata dun documento extenso e de árida lectura, coidamos que paga moito a pena botarlle unha ollada; e mesmo pararse a lelo punto por punto.
Nel veñen recollidas ás principais reivindicacións para a mellora da atención ó parto e puerperio, todas elas baseadas na evidencia científica, e sobre todo no convencemento de que á atención sanitaria debe afincarse nun profundo respecto á persoa , e ter sempre en conta ás súas preferencias e o seu benestar, tanto físico coma psíquico.
Quedo cos obxectivos da Guía claramente definidos , remarcando ós mais interesante :
- OBXECTIVOS DA GUIA
Os obxectivos que espera acadar esta guía, unha vez implantada, son:
1- Axudar os profesionais na súa toma de decisións sanitarias no acompañamento e coidado
do proceso fisiolóxico do parto, e nos coidados do puerperio e deste modo:
. Previr as complicacións na muller, no feto e no recentemente nado
· Cumprir cos estándares recomendados pola OMS e a medicina baseada na evidencia
· Fomentar a lactación materna e darlle axuda á nai durante a lactación seguindo as recomendacións da OMS e de UNICEF dende o nacemento ata cando a muller queira
2- Fomentar unha participación máis activa da muller e da súa parella en todo o proceso
3- Diminuír a variabilidade na prestación do servizo e mellorar a súa calidade.
4- Definir de forma clara e precisa as vías de acceso a este servizo.
5- Incrementar o nivel de satisfacción da muller coa atención recibida.
Non sabemos como teñen pensado implantar a aplicación real de esta Guía, certamente non será unha tarefa doada. Agardemos que realmente haxa vontade de facelo :
Querer é poder
Pero o certo é que ás mulleres que desexamos ter un trato correcto para o noso parto é puerperio, temos xa un documento oficial e asinado polo Servizo Galego de Saúde, ó que botar man para explicar case exactamente que é o que andamos buscando, e por que está sobradamente xustificado.
Oxalá ós profesionais sanitarios sexan quen de seguir ás súas propias recomendacións.
De momento temos un raio de esperanza.
Pinchade
aqui para ver o texto completo