O pasado mes de outubro varias socias acudimos á
II Xornada de Saúde Perinatal celebradas en Santiago de Compostela e organizada polo SERGAS, coa colaboración da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Apoiaron e acudiron á Xornada asociacións como FEDEGALMA, a Asociación Iniciativa Hospitais Amigos dos Nenos e Nenas (IHAN), UNICEF, Comité de Lactación Materna da AEP, Sociedade Galega de Xinecoloxía e Obstetricia e Asociación Galega de Matronas.
O obxectivo da Xornada era a de sensibilizar aos profesionais de ter en conta as necesidades especiais da muller durante o parto e o puerperio así como as necesidades básicas do recentemente nado nun momento tan vital e vulnerable como é o nacemento, tamén falamos das necesidades emocionais durante a primeira infancia.
Saímos cunha maravillosa sensación, a de que as cousas están a cambiar pasiño a pasiño, da gran cantidade de profesionais sensibles que traballan cada día por mellorar a atención á muller e ó bebé, humanizando os procedementos e traballando en base á evidencia científica. Esperamos que moitos e moitas tomen bóa nota.
Un soplo de esperanza
Podedes ver
aqui o programa e os ponentes. Tamén podedes ver na páxina do Sergas as transparencias proxectadas na Xornada tanto das
Conferencias coma das
Mesas redondas