Días atrás saíron publicados na prensa diversos artigos o respecto da situación a día de hoxe, do plan de humanización do parto na nosa terra.
Aquí podedes lelos
Máis de 250 galegas tiveron este ano un parto natural en hospitais do Sergas
O número de partos aumentou un 7% no Hospital do Salnés
O Hospital do Salnés supera os 630 partos co plan de humanización
60 mulleres de outras zonas foron ao Salnés a dar a luz con música e auga
As embarazadas elixen parto acuático ou musical

Ainda que as novas son ben positivas, seguramente ás matronas do Salnés e ao resto do equipo implicado neste proxecto non lles fai graza ningunha que a prensa resalte que se pode parir en bañeiras e con música ambiental, e non se comenten cousas primordiais, como poden ser o apoio emocional á muller para procurar tranquilidade e confianza, o respecto polas súas decisións, o respecto polo recentemente nado......Tampouco se cita en ningún dos artigos a redución do 6% da taxa de cesáreas dende a implantación do programa sen aumentar a morbimortalidade perinatal.
O tratamento frívolo que fan algúns deste tipo de novas déixanos de "exóticas" ás mulleres que demandamos un parto humanizado e de baixa intervención e de "raros" aos profesionais que o defenden e practican. Ë unha mágoa.