O CHUVI comeza a realizar a vesión externa, técnica utilizada para colocar de cabeza fetos que están de nádegas
O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo comezou, a principios deste ano, a realizar a técnica da Versión Cefálica Externa (VCE), procedemento que se utiliza para converter a posición podálica do feto -de nádegas- nunha presentación cefálica, máis favorable para o parto.
O complexo hospitalario vigués é o primeiro de Galicia que incorpora esta técnica que permite colocar de cabeza o feto mediante a manipulación externa sobre a parede abdominal da nai. Cunhas manobras realizadas polos médicos sobre o abdome da nai favorecen que o feto dea a volta, co que se consegue diminuír as complicacións asociadas aos partos de nádegas, unha das causas máis frecuentes de cesáreas.
A eficiencia da manobra oscila entre un 35 e un 70%, pero a taxa de éxito no Chuvi é dun 60% (respecto das 30 mulleres embarazadas ás que se lles foi aplicada a técnica dende xaneiro)
A Sociedade Española de Obstetricia e Ginecología (Sego), así como as principais sociedades científicas a nivel mundial, recomendan que a toda paciente cun feto en presentación podálica preto do parto, ofrézaselle a posibilidade de intentar unha operación deste tipo. Aínda así, a versión externa non é un procedemento implantado de forma rutineira no noso país, de xeito que na actualidade son poucos os centros españois que realizan esta técnica.
Faro de Vigo -
Médicos del Xeral logran voltear fetos de nalgas para evitar cesáreas
La Voz de Galicia -
Vigo estrena una técnica para colocar de cabeza fetos que están de nalgas