A propia muller colócase a mascarilla ao notar a contracción, segue consciente, pero relaxada
Nove hospitais da comunidade están incorporando o óxido nitroso como unha alternativa máis no arsenal dispoñible para facilitar á muller o momento do parto. É un analxésico que combina a partes iguais osíxeno e protóxido de nitrógeno, adminístrase por vía inhalatoria coa axuda dunha mascarilla e propicia un efecto sedante, de modo que a muller segue activa e colaborando no parto, pero nun estado de embriaguez que suprime a dor máis intensa e facilita a relaxación. Non detén as contracciones e o parto transcorre no seu tempo natural.
Unha das vantaxes do gas é a redución do risco para o bebé. O óxido nitroso actúa con cada inhalación: aos 20 segundos comeza o efecto e prolóngase durante medio minuto máis. A propia muller participa na administración, tomando a mascarilla ao comezo de cada contracción para adiantar o efecto e facelo coincidir co pico de dor. Tras dous minutos sen aplicación queda eliminado por completo do organismo.
Nunha xornada de formación organizada pola Asociación Galega de Matronas (AGAM) impartironse talleres sobre o uso deste analxésico. Preto de 120 matronas participaron na xornada da AGAM e puideron comprobar o efecto de óxido nitroso, popularmente coñecido como gas da risa.
Para ampliar a noticia publicada en El Correo Gallego,
aqui