Hai uns días, varias compañeiras de O PARTO É NOSO, asistimos ás III Xornadas de Saúde Perinatal, organizadas polo SERGAS.
Ante todo, agradecer aos organizadores a sensibilidade de gardar unhas prazas para nós, as usuarias do sistema sanitario, e sobre todo, o incluir dentro do marco dos relatorios, a experiencia dunha nai, que nos namorou co seu relato, coas luces e as sombras das súas experiencias, coas súas aprendizaxes e a súa traxectoria vital.
Foron uns días intensos, onde ademais de saber cara a onde nos temos que dirixir na atención do parto e nacemento na nosa comunidade, puidemos coñecer os datos reais de onde nos atopamos, e descubrir que imos dando pequenos pasos cara ao respecto de todas as recomendacións da OMS, do Ministerio de Sanidade e da nosa propia Consellería... con todo, quedamos co agridoce sabor de entender que aínda nos queda moito camiño por andar.
Animamos á organización a seguir con estas Xornadas, incluíndo cada vez máis a experiencia dos usuarios, facéndose eco das nosas demandas, para que nos acheguemos cada día un pouco máis cara á consecución dos nosos obxectivos, os de todos: unha atención ao parto e ao nacemento respectuosa e acorde ás necesidades das mulleres e os seus bebés.
Deixámosvos a ligazón do
programa e os relatores
Tamén podedes ler a comunicación realizada por Xosé Carril
"Dereitos da muller na regulación legal da asistencia sanitaria por causa da maternidade"
A prensa fíxose eco e as nosas compañeiras fixéronse oir ...
Pilar de la Cueva -
Trescientos expertos discuten sobre un parto más natural y menos medicalizado
Patricia López -
Grupos de mujeres y expertos polemizan sobre la exigencia de un parto más natural