O pasado venres 26 de febreiro tivo lugar unha reunión convocada pola asociación Kanguras na que invitaban a todas as asociacións ou persoas interesadas en tratar as medidas reivindicativas a tomar frente ao peche da Unidade de Educación Maternal do hospital materno infantil da Coruña. Houbo representación nesta reunión de varias asociacións de mulleres da Coruña e alí estábamos OPEN tamén, había nais e algunha matrona e persoal sanitario.
Falouse de que o sergas so pretende trasladar a preparación ao parto á primaria, pero que se perde moita da labor que facía esta unidade do materno é dicir Eugenia Laiño, porque daba moitos mais servicios : apoyo a lactancia en planta , talleres postparto, menopausia, incontinencia,…e ofrecía a presencia diaria o que resolvía moitos problemas por exemplo de lactancia “no momento” sin ter que esperar unha cita.
Acordouse que a primeira reivindicación debía ser que se manteña este servicio no mismo hospital Teresa Herrera, xa que según informou algun presente na reunión podería haber espacio no edificio para dar cabida a estas clases ainda que se ampliase a cafetería.
Acordouse convocar unha manifestación pacífica e silenciosa para o lunes 1 de marzo as 11:30 na cafetería do hospital materno infantil Teresa Herrera á que vos animamos a asistir para tratar de frear esta merma na asistencia sanitaria as mulleres da Coruña.
Tamén houbo acordo en que se debían planificar mais accións para seguir presentando batalla por esta causa, a próxima movilización se prevé para o día 6.
Do que sexa que vaia pasando, continuaremos dando conta.