Éstes últimos días, aínda que cesaron as xuntanzas presenciais de nais de O Parto é Noso por mor do verán, tivemos o gusto de ler un par de artigos moi interesantes na prensa.
O primeiro :
Regreso al parto doméstico
fai alusión ó tema do parto no fogar, que por desgracia resulta extremadamente complicado hoxe por hoxe na nosa comunidade, pola ausencia de profesionaís cualificados que se adiquen plenamente a elo.
Aínda que é unha opción segura e desexada por cada vez mais mulleres que sen embargo non poden acceder a ela.
Queremos sinalar que o precio estimado de 600-800€ , é en realidade moi inferior (aproximadamente a metade) do valor real da atención de este tipo de nacementos , xa que se trata de pagar unha dispoñibilidade total dunha matrona -ou varias- durante o tempo estimado en que podería nacer o bebé que veñen sendo 5 semanas : entre a 37 e a 42 de xestación mais as visitas pre e posparto que sexan oportunas. E o traballo e responsabilidade que supón a atención o parto en si mesmo.
Un precio xusto, pensamos, por un servizo que coidamos debería estar recoñecido e incluído na nosa sanidade pública porque é un dereito das usuarias poder elixir o tipo de atención e o profesional que estimemos mais oportuno. Neste caso sería unha matrona: a verdadeira profesional da maternidade, e o tipo de atención sinxelamente: a domicilio.
A segunda nova :
Las rutinas del paritorio
fala mais da atención ó parto convencional nos hospitáis, e expón breve pero claramente en que consisten as malas prácticas, que aínda se siguen cometendo en case todos os centros sanitarios do noso país.
Faise complicado de comprender e imposible de aceptar, que sigamos con estas, e que teñamos que loitar por cambiar algo tan absurdo e contraproducente, que de feito nunca tiña que ter empezado a suceder, como é a atención medicalizada-interventiva dos nacementos.
Tamén deixamosvos un video da nosa compañeira Natalia Vázquez falando da importancia da lactación nunha reportaxe da cadea Cuatro. No video saen ela e maila súa filla Marina, de 4 anos, que disfruta da lactación en tandem xunto co seu irmán pequeno Miguel, que veu o mundo nun precioso parto respectado fai un par de meses. Unha forte aperta para eles
http://www.cuatro.com/1/7-hckny36gngbqe/
Bon verán a tod@s e ata setembro!