
Con motivo do
Día Mundial dos Dereitos do Nacemento, o
7 de xuño de 2011, convidámosche a unha sesión cinema fórum para ver o pase do documental
"Restaurar a paradigma orixinal" do Dr. Nils Bergman que ofreceremos en máis de 40 lugares de España e Portugal, e varios máis en Latinoamérica.
A campaña
"Ponte na súa pel", é unha colaboración entre A Plataforma pro Dereitos do Nacemento e a Asociación O Parto é Noso e pretende facer chegar a súa mensaxe ao maior número posible de particulares e profesionais implicados no embarazo, o parto e o puerperio para lograr unha maior concienciación da sociedade en xeral e dos procesos médicos cara á humanización do momento do nacemento.
Mediante un folleto explicativo e a proxección dun documental, esta campaña defende a necesidade de facer que, nos nacementos, o proceso natural do parto sexa respectado, limitando o intervencionismo e o uso de medicamentos aos casos nos que estes sexan necesarios. Ademais, subliña a importancia de manter o vínculo entre a nai e o neno mediante a non separación no momento de nacer.
O documental proxectarase o 7 de Xuño en diversos centros culturais de España, Portugal e Latinoamérica, para a continuación abrir un debate entre os asistentes.
En
Galiza celebrarase este acto nos seguintes lugares:
LUGO: 7 xuño ás 18h no Centro social Maruja Mallo
A CORUÑA: 7 xuño ás 18h na sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia
OURENSE, : 7 xuño ás 18.30h no Auditorio municipal
VIGO: 7 xuño ás 18h na Fundación Eomaia
Aquí podedes baixar o
programa completo da xornada , onde podedes atopar tamén os datos de tódalas proxeccións
VIDEO