Equipo Blog
29 Jul 2013
  •  
0 comentarios

AMPLIACIÓN DO PERMISO DE MATERNIDADE, CRÓNICA

Desde a organizacion do encontro, valorase moi positivamente a interese que espertou na sociedade a reivindicacion da ampliación do permiso maternal, así coma a convocatoria do evento e o movemento xerado nas redes sociais. A pesar de que a xornada do pasado domingo tivo a calor e o sol como protagonistas principais, contar coa asistencia de familias de localidades tan distantes como Arteixo, Lalin, Vigo, Redondela, Vilagarcia ou A Coruña foi todo un logro. Cabe destacar a presenza das asociacions O parto é noso, Teta e Coliño, Teta Meiga, Aloumiños, Vincularte, De Leite...que levamos ata a praza da Quintana información sobre as nosas actividades.
En torno ás 13:00 h procedeuse á lectura do comunicado. Posteriormente, os asistentes se desprazaron ata a Alameda para xantar, mantendo o ambiente ludico, informativo e de intercambio de experiencias e de ideas que se promoveu dende un principio. Como resultado do encontro, proponse aproveitar a sinerxia creada para organizar unha plataforma que aglutine a tódalas asociacións relacionadas coa crianza, parto, embarazo, adopcion, etc. co obxetivo de reivindicar que se garanticen os dereitos das crianzas e as familias: permisos familiares axeitados, conciliacion laboral e familiar real, respeto e trato axeitado no embarazo, parto, posparto, lactancia, atención xinecoloxica... Desde aqui manterémosvos informados dos avances desta magnífica iniciativa.