Equipo Blog
13 Ago 2013
  •  
0 comentarios

Acceso, sen interrupcións horarias, ás UCIS NEONATAIS

A nosa asociación vén reclamando desde tempo atrás tanto nos medios de comunicación como coa nosa campaña UNIDOS EN NEONATOS, que as UCIS neonatais estean abertas, durante 24h, para o acceso á familia directa do bebé, tanto nai como pai.

A pesar de que as recomendacións, tanto a nivel nacional e internacional, nos din, desde fai tempo, que ningún bebé debe ser separado da súa nai, os hospitais a miúdo non cumprían con esta recomendación e levaban a cabo separacións innecesarias. Despois da demanda social para que isto se cumprise e tamén de que hai meses o Pleno do Senado xa solicitase ao Goberno que os recén nacidos ingresados nas UCI puidesen estar acompañados por un familiar, este pasado martes 23 de xullo o consello interterritorial da SNS acordou conxuntamente coas comunidades autónomas unha política común que permita o acceso, sen interrupcións horarias, ás UCIS en que se encontren os seus fillos ingresados.

Do Parto é Noso queremos que este acordo sexa levado á práctica no menor tempo posíbel en todos os hospitais do ámbito público e privado. Así os bebés non continuarán a sufrir estas duras e innecesarias separacións, das cuais se observan as súas secuelas anos despois, máis concretamente durante a adolescencia .

Mais info nos links:

Carta Europea dos dereitos das nenas e nenos hospitalizados.

Os beneficios do PEL CON PEL.

M. Sanidade - Coidados desde o nacemento (EAPN)