Equipo Blog
16 Dic 2013
  •  
2 comentarios

REUNIÓN DE SOCIAS OPEN

O domingo, 15 de decembro do 2013, tivo lugar a reunión de inverno (reunión semestral) das socias de O Parto é Noso – El Parto es Nuestro Galicia.

Á xuntanza acudiron socias dende tódalas provincias galegas, soas ou acompañandas polos seus peques e as súas parellas.

Reencontrámonos socias xa coñecidas e tamén puxemos caras a novas socias, choramos, rimos, compartimos experiencias vitais e, dende logo, un magnífico e estupendo xantar preparado por e para tódalas asistentes.

Propuxéronse novas iniciativas, consensuáronse ideas, fóronse conformando actividades para o próximo encontro de Grupos Locais que terá lugar en Santiago de Compostela os vindeiros 29 e 30 de marzo do 2014.

En definitiva, a esencia de O Parto é Noso en estado puro.

Kris Amil (unverified)
20 Dic 2013
No, Raquel, era para todas as socias, hai dúas ao ano a de inverno e a de verán. A proxima é o encontro de grupos locais a finais de marzal e o primeiro día é para as coordinadoras pero polo que teño entendido o domingo é aberto atodas socias e acompañantes. Espero verte ali!. Un bico.