Equipo Blog
19 Mayo 2014
  •  
1 comentario

NOVO GRUPO LOCAL EN OURENSE

É un pracer comunicar a creación do Grupo Local de Ourense, levabamos tempo detectando a necesidade consolidar a presenza de OPEN na nosa provincia, pois ben, conseguímolo, aquí estamos, e como sempre co obxectivo de contribuír a mellorar as condicións de atención a nais e fillos/as durante o embarazo, parto e posparto. Falaremos do embarazo, parto, postparto e puerperio, da situación acual en canto a atención o parto no nosos país e mais concretamente na Galiza, das recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) e do Ministerio de Sanidade para o mesmo, dos nosos dereitos e responsabilidades como usuarias do sisitema sanitario actaul, así dos dereitos do recién nacido, ademais de compartir dudas e experiencas. A partir do día 24 de maio, temos en Ourense, un espazo de encontro e de apoio mutuo, dando un paso máis no traballo que dende 2003 leva realizando a nosa Asociación. Sábado 24 de Maio de 11:00hrs a 13:00hrs No Liceo de Ourense (entrada polos Xardins do Bispo Cesareo, Alameda)