Equipo Blog
24 Mayo 2014
  •  
0 comentarios

SEMANA MUNDIAL POLO PARTO E NACIMENTO RESPETADOS

SEMANA MUNDIAL POLO PARTO E NACEMENTO RESPETADOS

"Parir é poder". Poder descubrir o perfecto equilibrio entre nai e bebé, a sincronización da vida que está por nacer e a vida que se transforma por sempre. Parir é poder recuperar a forza que creímos adormecida ou quizás esquecida. É darte conta do perfecto,maravilloso e increíble que é o teu corpo e o inmensamente sabio que é teu fillo ou filla.
Parir é poder decidir, seleccionar, desbotar...e desdecirse, errar,volver a intentar. É non deixar que violenten a nosa pel,o noso útero,a nosa vaxina ou o corazón. É non permitir que lle rouben ás nosas criaturas os seus primeiros momentos neste mundo ou que llos manchen con separación, frío e intervencionismo irracional.

Por desgraza, na actualidade, unha gran parte das nais e pequenos viven unha experiencia completamente diferente e quedan marcados de por vida por prácticas perigosas, inhumanas, obsoletas e indignas.
Toda muller embarazada é todo bebé teñen o dereito a ter un parto e nacemento respetados,isto é, que sean os actores principais do proceso,que dirixan é se lles deixe facee sen prisas,sen intervencións innecesarias, nun ambiente íntimo e calido,con información e respetando os desexos da nai.

Por todo isto, esta semana, tamén na Galiza, celebramos a Semana Mundial polo Parto e Nacemento Respetados.

Por unha banda, nacen dous novos grupos locais, un no Salnés- Vilagarcía e outro en Ourense, que o sábado 24 terán a súa primeira reunión aberta a cal podedes acudir para informarvos ou compartir as vosas experiencias sobre o embarazo, parto e posparto.

Por outra banda, en Vigo, o sábado 24 as 18h no centro cívico de Teis, proxectarase o documental "Neixer (nacer)"* e posteriormente comentaremos as nosas impresións, dúbidas, etc

Animadevos a participar, reivindiquemos outro modo de parir e de nacer.

* LOTO FILMS produciu no ano 2013 o documental “NÉIXER” (Nacer), da directora Ana Victoria Pérez, con guión de Viviane Adenauer.

“NÉIXER”, verbo valenciano que significa nacer, é unha mirada bela ye reflexiva sobre o parto.

O documental enlaza experiencia e ciencia, aportacions lúcidas e testimonios conmovedores, historias vivas e descubrimentos científicos. Familias e persoas expertas encontranse e interpelan nunha sucesión áxil de secuencias cunaha estética coidada e un guión ben documentado. No documental nacen, como os bebés, as intuiciones, os cuestionamentos, as emocions. O cine, que é en definitiva un xogo de luces, convirtese nesta obra nunha oportunidade para o descubrimento conmovedor da experiencia, universal e íntima, de dar a luz.

Actualmente, este documental estase exhibindo en centros especializados en partos naturais, a través de asociacions que fomentan un maior grao de humanización e respeto en torno ao parto pero con todalas garantías de seguridade.

Para seguir todalas novedades de “NÈIXER” podedes suscribiros a sua páxina de facebook, onde se indican as datas, espacios ye horarios dos vindeiros pases.