Equipo Blog
11 Jun 2014
  •  
0 comentarios

REUNIÓN SÁBADO 28 DE XUÑO EN LUGO

O sábado 28 de xuño do 2014 de 11 a 13h no Centro de convivencia da Milagrosa (parque de Frigsa) de Lugo falaremos de novo sobre embarazo, parto e puerperio, coñeceremos un pouco máis sobre a atención ao nacemento no noso sistema de saúde e sobre os nosos dereitos e os de nosas fillas e de nosos fillos. Compartiremos experiencias, información e emocións. Bebés, nenas, nenos e demais persoas son sempre benvidas. Tratarase dunha reunión especial á que vos convidamos a achegarvos, xa que será a derradeira deste ano. Faremos o posíbel por retomar as nosas xuntanzas abertas en xaneiro do 2015, data na que o grupo lugués da asociación El parto es nuestro-O parto é noso cumprirá xa cinco anos. Agradecemos a difusión deste aviso e desexámosvos un moi bo verán. Unha aperta, Susana e Cristina lugo@elpartoesnuestro.es