Equipo Blog
1 Jun 2016
  •  
0 comentarios

ATENCIÓN O EMBARAZO E PARTO NA ÁREA SANITARIA DE VIGO

MESA REDONDA “Situación da atención ao embarazo e parto na área sanitaria de Vigo”.

O venres 20 de maio por mor da Semana Mundial do Parto e Nacemento respetados, celebrouse en Vigo unha mesa redonda con diferentes profesionais co obxetivo de analizar a situación actual da atención ao embarazo e parto na área sanitaria de Vigo.

Cada un dos profesionais invitados tivo un tempo para presentar as suas impresións e datos sobre o tema proposto.

Como a maioria de nacementos suceden na maternidade do Hospital Álvaro Cunqueiro, gran parte do debate centrouse nos avances que sucederon co traslado ao novo hospital e un aparente cambio de visión dos profesionais que atenden ao parto (Aloxamiento individual posparto, mesma sala de dilatación e expulsivo, cambios no persoal, etc ). Pero tamén se discutiron aspectos que parecen preocupantes ou que están moi lonxe de seguir as recomendacións da OMS e a Estratexia Nacional de Atención ao parto normal (protocolos de inducción con uha tasa de 40%, 30% de parto instrumental, Hamilton de rutina e as veces sen comunicación previa á muller, etc).

Dende o Hospital se argumenta que atenden todo tipo de partos, non só de mulleres de baixo risco, o que influe nas estadísticas. Tamén, ainda que se recoñece o alto número de induccións e que quizás sexa necesario revisar os criterios, explican que se reduciu a morbimortalidade de nai e fillo grazas a que se realizan induccións máis tempranas (na semana 41 versus semana 41+5). Respecto ao parto instrumental estaban de acordó na necesidade de reducir as tasas.

Por outra parte, tratouse a atención ao parto en casa, a seguridade avalada científicamente en embarazos de baixo risco, así como outros aspectos a ter en conta (necesidade de maior comunicación entre o equipo de parto na casa e o equipo no hospital en caso de traslado).

Por último, mencionouse a importancia do traballo preventivo no mantenemento do chan pélvico e o tratamento do mesmo tra-lo parto se aparecen problemas (incontinencia, molestias nas relación, dor, etc)

Moitas gracias a todos os profesionais pola sua participación e as persoas asistentes por acudir á Mesa redonda organizada polo Parto é Noso en Vigo.