Equipo Blog
27 Jul 2016
  •  
0 comentarios

INTERVENCIÓN NA RADIO GALEGA, parto en casa e documental Loba.

Participación na Radio Galega sobre o parto en casa e o documental Loba.
En febreiro Radio Galega invitounos a participar nunha charla sobre o parto na casa no seu programa “Galicia por diante” co gallo da estrea do documental Loba en diferentes localidades da Comunidade.
Como O Parto é Noso- El Parto es Nuestro deixamos claro que non defendemos ningunha opción de parto como mellor ou máis recomendable que outra, e que é a muller en todo caso a que debe decidir libremente onde quere e se sinte máis segura. Resaltamos que a evidencia científica defende o parto en casa como unha opción tan segura como o parto hospitalario e que consideramos que debe estar supervisada polo profesional axeitado que é a matrona ou matrón. Apoiamos iniciativas coma a do documental de Loba que contribúen ao debate e reflexión sobre a situación da atención ao alumbramento, pero especificamos que o seu posicionamento a prol do parto na casa como opción máis axeitada para nada representa o sentir da nosa Asociación.
A continuación unha socia galega conta a súa experiencia nos nacementos dos seus fillos, o primeiro no hospital cunha vivencia negativa polo nivel de intervencionismo e prácticas contrarias a evidencia científica, e un segundo na casa moito máis satisfactorio, íntimo e igual de seguro.
Consideramos que é moi positivo que se nos ofrezcan estos espacios de reflexión e debate que nos permiten chegar a poboación que doutro xeito quizás non poderíamos acceder, ademáis de contribuir a normalizar o parto na casa como unha opción segura máis para as mulleres, polo que agradecemos a Radio Galega a invitación e o tempo adicado.

Aquí podedes escoitar o audio do programa:

RADIO GALEGA