XORNADA DE XÉNERO, MULLER E FAMILIA, CORUÑA
A nosa asociación participará con una mesa infomativa este fin de semana na programación Parque das Utopías, o día 12 venres estaremos con motivo da data de Celebración da Xornada de Xénero, Mulleres e Familias.
Deste xeito visibilizaremos e promocionaremos a nosa asociación e as campañas que levamos a cabo nela.
O evento é gratuito e aberto á cidadanía. A feira desenvolvese nos arcos do Museo da Ciencia situado no parque de Santa Margarita.
O Parque das Utopías é moito máis ca unha programación
cultural para as familias: é un espazo, no Parque de Santa
Margarida, que convida a que soñemos un futuro mellor,
máis solidario, igualitario e respectuoso, convidándonos a
transformar a nosa realidade máis próxima.
Un espazo que tamén se espalla pola cidade da Coruña na
sección A Utopía en Movemento; un espazo onde todo
é posible grazas á maxia, ao circo, ao clown, á música... Con
ese espírito do circo, de facer “o imposible posible e o
posible belo”, un lugar atravesado pola solidariedade,
a conciencia medioambiental, a lingua e cultura galegas, a
cooperación e a igualdade de xénero, desde a alegría e
o optimismo.
Data: 12 de Agosto de 2106
Horario: de 16.00h a 20.00h
Lugar: Parque de Santa Margarita