Nuria Otero Tomera
6 Mar 2017
  •  
1 comentario

10 ANOS DO NACIMENTO DE OPEN

O 6 de marzo de 2007 presentábase oficialmente, na Coruña o grupo local galego de El Parto Es Nuestro, O PARTO É NOSO, moitos anos, moitas reunións, encontros, viaxes, comidas, merendas, embarazos e partos temos compartido desde aquela.

Das nosas primeiras reunións, a cabalo entre Santiago e Coruña (cada mes nos reuníamos en unha cidade) pasamos a ter reunións periódicas cada mes na Coruña, Vigo, Santiago e Pontevedra. En Lugo tivemos durante uns anos.

Das primeiras 7 socias que se xuntaron un domingo de decembro en Monforte de Lemos, a poñernos cara e voz, a por as cabezas a pensare a soñar, chegamos a ser máis de 70.

Das nosas primeiras visitas ós hospitais onde nen se sabia o que era un plan de parto ata hoxe, onde sen ser nada ainda perfecto, temos logrado e celebrado cambios positivos para nos e para os nosos bebés.

E porque levo aquí todos esos anos, porque coñezo de primeira man o esforzo, o entusiasmo que nos leva a cada reunión con nais ou a cada encontro entre socias, porque coñezo a entrega desinteresada de tantas e tantas mulleres, é polo que quero, emocionada, darvos as gracias por seguir aí, ás que levades moitos anos, ás que vos fóstedes subindo polo camiño, ás que rematades de chegar con gañas de que este invento siga andando e de seguir loitando para mellorar a atención materno infantil nos nosos hospitais e centros de saúde.

A todas vos, gracias, e a por outros 10 anos máis.