En setembro de este ano (2012) no CHUS o acceso non era exactamente 24 horas. Está restrinxido en horario de limpeza e durante as visitas do médico (unhas tres-catro horas entre as dúas cousas). A lactancia faise en horarios pautados e hai que inscribirse nun rexistro se se lle quere dar o peito ao neno nas seguintes tomas. Practícase a doble pesada (pesan ao neno antes e despois da toma) e a min, cun neno que non collía o peito logo de que lle introducisen biberóns na propia unidade neonatal, chegáronme a botar en cara que o neno perdera 10 gramos "polo esforzo de succionar". O método canguro non nolo ofreceron en ningún momento nin vin que ninguén o fixera. Penso que o fan máis ben con prematuros e nenos ingresados na UCI. En realidade, aínda que non prohiben coller ao neno no colo, piden que se colla o mínimo imprescindible "para que non se afaga", xa que din que as persoas que traballan na unidade non teñen capacidade para andar collendo ao neno cando os pais marchan. O noso fillo estivo ingresado durante catro días logo de nacer por unha baixada de glucosa. Teño que dicir que a maioría do persoal foi amable e colaborador en todo momento dentro das súas posibildades, pero a lactancia materna cos nenos ingresados vólvese pouco menos que imposible.