O sábado 28 de xuño do 2014 de 11 a 13h no Centro de convivencia da Milagrosa (parque de Frigsa) de Lugo falaremos de novo sobre embarazo, parto e puerperio, coñeceremos un pouco máis sobre a atención ao nacemento no noso sistema de saúde e sobre os nosos dereitos e os de nosas fillas e de nosos fillos.
Compartiremos experiencias, información e emocións.
Bebés, nenas, nenos e demais persoas son sempre benvidas.
Tratarase dunha reunión especial á que vos convidamos a achegarvos, xa que será a derradeira deste ano. Faremos o posíbel por retomar as nosas xuntanzas abertas en xaneiro do 2015, data na que o grupo lugués da asociación El parto es nuestro-O parto é noso cumprirá xa cinco anos.
Agradecemos a difusión deste aviso e desexámosvos un moi bo verán.
Unha aperta,
Susana e Cristina
lugo@elpartoesnuestro.es